ConcellosÚltima hora

Dúas persoas sofren intoxicación por monóxido de carbono en Avión

 

Na mañá deste mércores 29 de outubro dúas persoas tiñan que recibir asistencia sanitaria en Avión debido a unha intoxicación por monóxido de carbono.

Tal como informan dende o 112 Galicia, “a veciña que chamou para solicitar asistencia médica sinalou que as dúas afectadas realizaran un cociñado con carbón combinado co uso dun quentador”, polo que paraq comprobar a situación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos membros do GES de Avión e dos axentes da Garda Civil, ademais de avisar aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargaron do traslado das dúas mulleres afectadas.

Pola súa parte, “os equipos de emerxencias realizaron as medicións necesarias, sen embargo, a vivenda fora xa ventilada e os niveis descenderon considerablemente. Deste xeito, non puido comprobarse coa máxima exactitude a orixe da intoxicación, aínda que a veciña que deu a voz de alerta apuntou a un cociñado previo con carbón combinado co uso dun quentador ou estufa”.

Segundo o 112, “os principais síntomas que presentaban as afectadas eran mareos, que poderían ser perfectamente compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono, por iso, solicitaron asistencia médica urxente”.

Back to top button