A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa informa das incidencias no servizo de abastecemento e restricións ao consumo de auga polos arrastres na Rúa

Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tal e como estaba previsto, a chegada das primeiras choivas despois do incendio deste verán está a provocar graves problemas de arrastres nalgunhas zonas do municipio da Rúa polo que dende o  Concello veñen de emitir un bando informado da situación.

“Neste momento temos problemas localizados en ZA Santo Estevo, Fontei e Zona A Mazaira-Pablo VI pero non se descarta que as incidencias se extendan a outros lugares ao longo da semana”, din, explicando que para minimizar a entrada de arrastres na rede “o Servizo Municipal de Augas está a realizar distintos cortes en alta tentando evitar, na medida do posible, os danos nas infraestruturas así como en eletrodomésticos e bens de uso particular”.

En todo caso, e de xeito preventido “até que as analíticas nos confirmen a boa calidade da auga, o Concello establece restricións ao consumo na ZA de Santo Estevo así como na zona de Mazaira, Otero Pedrayo, Cigarrosa e Pablo VI”.

Está previsto que as choivas se manteñan durante toda a semana así que con certeza as incidencias iranse reproducindo ao longo destes días. “Pedimos á cidadanía comprensión e colaboración ante a gravidade da situación ao tempo que moita precaución no uso de a termos, lavadoras e lavalouzas na ZA de Santo Estevo”, indican dende o Concello que “informará de xeito continuo a través de bandos, RRSS e tamén da Axenda Municipal ao tempo que, de agravarse a situación, habilitará medidas extraordinarias de subministro de auga potable”.

No Polígono da Raña (O Barco) hai habilitada unha fonte de auga con garantía sanitaria para uso ode toda a poboación.

Back to top button