
Aproveitando que non hai colexio, na mañá deste venres 31 de outubro a cativada de Larouco celebraba o Samaín, festa de orixe celta que marcaba a fin das colleitas, a transición ao ano novo (que comezaba coa estación escura) e tamén a apertura ao outro mundo.

De aí que os disfraces de terroríficos personaxes sexan hoxe os protagonistas. A actividade en Larouco estivo organizada por María Menéndez.

Fotos cedidas.