A RúaConcellosÚltima hora

O da Rúa, entre os centros de maiores que se abren á poboación con novas actividades

Os centros de atención a persoas maiores da provincia de Ourense do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pertencentes á rede de atención ás persoas maiores da Xunta de Galicia, continúan este outono cun amplo programa de actividades dirixidas á comunidade.

Exemplo destas iniciativas foi o concurso de cabazas de Samaín, unha proposta levada a cabo polo centro de atención a persoas maiores de Vilardevós á que se sumaron un total de 18 centros pertences a rede do Consorcio Galego; o certame, que combinou creatividade e diversión, contou cun amplo nivel de participación, resultando gañador o centro de atención a persoas maiores de Cambados. Ademais, na honra a San Martiño celebrarán os magostos xunto coas familias das persoas usuarias, nun ambiente de festa e convivencia, recuperando así costumes e tradicións propias do outono galego.

 

Gañador do Concurso de Cabazas de Samaín.

 

Dentro das accións de orientación e información á comunidade, o vindeiro mércores 19 de novembro terá lugar unha charla sobre a importancia da alimentación e da hidratación, impartida por unha profesional do centro de atención a persoas maiores de Vilar de Barrio; a actividade terá lugar na sala polivalente do Concello, ás 15:30 horas, e estará dirixida a toda a comunidade.

Ademais, no marco destas propostas, os centros da provincia participarán na lectura conxunta do manifesto polo 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero, reafirmando así o seu compromiso coa igualdade.

Estas accións comunitarias súmanse aos talleres abertos a poboación maior que se están levando a cabo nos centros de Vilar de Barrio, Maceda, Xinzo de Limia, A Rúa, Vilardevós e Allariz. Deste xeito, os centros de maiores consolídanse así como espazos vivos e abertos, axentes activos da súa contorna. Por un lado, as persoas usuarias participan na vida comunitaria, e polo outro, a veciñanza pode achegarse a coñecer os servizos e actividades que se ofrecen, fortalecendo así o vínculo de xeracións.

Back to top button