DeportesEn portadaÚltima hora

Alex Sierpes domina no galego 5k no Barco, no que Alejo Ares (Adas) lograba o bronce

A campioa galega en categoría feminina era Leticia Barbosa, tamén do Adas

 

Era o favorito e as expectativas cumpríanse. O atleta internacional Alex Sierpes Pereira (Vicky Foods Athletics) dominaba con claridade no Campionato Galego de 5 km, que disputaba a partir das 11h. na mañá deste 2 de novembro no Barco, conxuntamente coa XVII Carreira Popular dos Santiños.

 

 

Sierpes completaba o circuíto urbano e completamente chairo da proba nun tempo de 00:14:52. En segunda posición entraba Miguel Quintans Sánchez (Coruña Comarca) e na terceira o atleta valdeorras do Adas Cupa, Alejo Ares, seguido do seu compañeiro de club Emilio Pérez.

En categoría feminina, a primeira atleta en chegar a meta, e polo tanto campioa galega, era Leticia Barbosa, tamén do Adas, seguida de Noa Mirantes (Marineda Atlético) e de Laura Porto (At. Rías Baixas).

En breve ampliarase información e galería fotográfica.

Fotos: A.R.

Back to top button