DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Campionato Galego de 5 km ruta reúne a máis de 80 atletas no Barco

A competición desenvolvíase á vez que a Carreira Popular dos Santiños, con 104 inscritos

 

Cun minuto de silencio en memoria da atleta galega Emilia Mesa comenzaba ás 11h. deste 2 de novembro o Campionato de Galicia de 5 km ruta, que tiña como escenario nesta edición O Barco. Con meta e saída no exterior do pavillón de Calabagueiros, esta competición reunía a 81 atletas no caso do campionato, que se celebraba á vez que a Carreira Popular dos Santiños, con 104 inscritos, entre as categorías da proba de maiores e as carreiras da base (que tiñan lugar a partir das 12h. nas pistas de atletismo Luis Nogueira).

Os corredores daban dúas voltas a un circuíto totalmente chairo e que discorría polo Barco, por zonas tan céntricas como o Paseo do Malecón. O ganador da cita era Alex Sierpes, sendo o segundo Miguel Quintáns e o terceiro o valdeorrés Alejo Ares.

 

 

Unha vez máis, este evento deportivo tiña carácter solidario a beneficio de Cruz Vermella en Valdeorras, xa que nel recollíanse xoguetes novos. O stand para a recollida do “Xoguete Solidario” situábase no Estadio de Calabagueiros onde os atletas e calquera persoa, podían doar xoguetes.

A organización da proba contaba coa colaboración da Policía Local do Barco, das agrupacións de Protección Civil de Manzaneda, Petín, O Barco e Vilamartín e de voluntarios da Cruz Vermella Valdeorras.

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button