EconomíaEconomíaÚltima hora

A entrega de premios e o sorteo de agasallos pon o broche a unha intensa fin de semana de cogomelos en Trives

 

Na tarde deste domingo 2 de novembro e segundo o previsto, pechábase a XXV edición das Xornadas Micolóxicas organizadas polo Club Montaña Trives.

E facíase no patio interior da Casa Grande da Pobra de Trives coa entrega de premios aos responsables dos establecementos participantes nesta edición e o sorteo de agasallos.

Con respecto á Mellor Tapa, o primeiro premio foi para O Bodegón por Gele Secret, o segundo para Manolos por November Cogomelo Fest e o terceiro para As Maceiras por Patacón Outonal. E en canto á Mellor Presentación, O Bodegón repetía no primeiro posto, sendo o segundo para A Masía (por Abraio de Cogomelos) e o terceiro para A Cantinas do Catro (por Paseo polo Bosque).

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button