Coa entrega de premios do Campionato de Galicia de 5 km ruta e da XVIII Carreira dos Santiños que se concluían estas dúas citas deportivas contra ás 13h. deste 2 de novembro nas pistas de atletismo Luis Nogueira do Barco.
O Club Adas Cupa do Barco colleitaba máis de media ducia de metais neste galego, entre elas o bronde Alejo Arias como absoluto, xunto co ouro que lograba en categoría M35; ademais do ouro absoluto feminino de Leticia Barbosa, o segundo posto en M35 de Emilio Pérez, así como o ouro de Juan José Álarez en M45, o de Martina Tasende en W45 ou o de Paco Bao en M75.
Tamén eran moitos os podios aos que se subían os atletas do Adas xa dentro do que era a Carreira Popular dos Santiños, entre eles estaban os títulos de Paula Cela e de Brian Rodríguez en Sub16.
O acto de entrega de trofeos e medallas contaba coa presenza dos concelleiros de Medio Rural, Jesús Jares, e de Medio Ambiente do Barco, Diana Urdangaray, e coa do delegado da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras, Manuel Rodríguez.
Fotos: A.R.