Dun xeito moi especial celebrará este ano o Día de Santa Cecilio o Orfeón Trivés. O 22 de novembro viaxará a Madrid para dar un concerto no Centro Galego no que contará con varios convidados, entre os que destaca a colaboración especial do pianista trivés Fabio Álvarez. Tamén actuarán a Asociación Cultural Rosalia de Castro e o poeta Xosé Luna.

O concerto comezará ás 18 horas e interpretarán un completo e variado repertorio especialmente deseñado para a ocasión pola directora, Sandra González. Comezarán con Agüita del río para seguir con Bello ángel mío, Te quiero, Tres cantos andinos e Ubi cáritas. Farán un pequeno descanso e continuarán coa segunda parte con Compañeira, Meu amor, Popurrí galego, Ruada, O sol da primavera, Negra sombra, Pomba dourada e Adiemus.
Para rematar, interpretarán o Himno Galego, incluíndo unha degustación de Bica de Trives para completar unha emocionante tarde chea de tradición galega na capital de España.