EconomíaEconomíaÚltima hora

Os Gadis de Galicia e Castela e León únese á campaña “La Gran Recogida”

Do 7 ao 15 de novembro, 221 Gadis de Galicia e Castela e León participan nesta causa social a favor das persoas e familias en situación de vulnerabilidade

 

Gadis volve sumarse á campaña “La Gran Recogida” que promove a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) en toda España. Unha causa que reforza o seu compromiso social coas persoas e familias desfavorecidas poñendo o foco na solidariedade como un valor esencial da súa cultura corporativa.

As formas de colaborar con esta iniciativa á que se une Gadis son dúas: depositando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene ou mediante donativo económico ao pasar por caixa. O obxectivo é cubrir as necesidades básicas dos fogares que máis o necesitan.

Nove días para colaborar

Todos os Gadis de Galicia e Castela e León implícanse nesta campaña, que estará activa desde este venres, 7 de novembro, ata o sábado 15. Unha acción que conta co apoio da cadea de supermercados de forma ininterrompida desde fai once anos. Só nos tres últimos, reuniu máis de 612.000 quilos de produtos e preto de 350.000€ grazas á solidariedade dos seus clientes.

Valores integrados no programa de RSC

Desde Gadis explican que esta causa social está aliñada co seu programa de Responsabilidade Social Corporativa: solidariedade, proximidade e compromiso coa comunidade local. Un compromiso que, neste caso, desenvolve a través da cooperación cos 12 bancos de alimentos cos que a empresa colabora de forma habitual: Banco de Alimentos Provincia da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo, León, Palencia, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid Salamanca e Segovia.

Estas entidades xestionarán toda a axuda e repartirana entre as asociacións e institucións benéficas ás que atenden habitualmente.

Back to top button