
O vindeiro luns 10 de novembro ás 16:30 horas, o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá o encontro “Visita ao Norte. A voz resiliente das mulleres palestinas”, unha cita que permitirá coñecer de primeira man o traballo e compromiso dunha das voces máis destacadas na defensa da igualdade e dos dereitos humanos en Palestina: Hanan Kaoud.
A actividade está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración co Concello da Pobra de Trives, no marco do seu programa de sensibilización sobre a realidade e o papel das mulleres en Palestina e do compromiso compartido coa igualdade, a paz e os dereitos humanos.
Hanan Kaoud é concelleira en Ramala (Cisxordania) e conta con máis de 30 anos de experiencia en Oriente Medio e o Norte de África, traballando en programas de igualdade, desenvolvemento local e participación política das mulleres.
Licenciada en Estudos de Xénero e con máster en Dereitos Humanos e Democracia, Kaoud exerce actualmente como directora de Desenvolvemento, Comunicación e Relacións Institucionais na organización MIFTAH (Iniciativa Palestina para o Diálogo Global e a Democracia). O seu labor céntrase na promoción da igualdade de xénero nas políticas locais, o fomento da participación das mulleres na vida pública e institucional, e na defensa dos dereitos humanos e da xustiza social en contextos de ocupación.
O encontro en Trives servirá para achegar á cidadanía a realidade das mulleres palestinas, o seu papel fundamental na sociedade e a súa loita diaria por un futuro de igualdade e liberdade.
“Vivir baixo ocupación nunca se normaliza, e Gaza tampouco o fará”, afirma Kaoud, resumindo así o espírito de resistencia e esperanza que guía o seu traballo.
Con esta actividade, o Fondo Galego e o Concello de Trives convidan a toda a veciñanza a participar nun espazo de reflexión e diálogo sobre os dereitos humanos e o papel transformador das mulleres en context