EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2025

Esta mostra terá lugar os días 5, 6 e 7 de decembro na Praza García Barbón desta vila

Foto: Concello de Verín.

 

Os días 5, 6 e 7 de decembro, o Concello de Verín organizará na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.

Horario da Feira do Nadal 2025:
• Venres 5 de decembro: 17:00 – 21:00 h
• Sábado 6 de decembro: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 21:00 h
• Domingo 7 de decembro: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 21:00 h

O evento estará ambientado na temática do Nadal e contará coa participación de artesáns e produtores do sector alimentario, que amosarán os seus produtos e decoracións inspiradas no espírito destas tradicionais festas.

A inscrición, que terá un custo de 45 euros, está aberta para artesáns e profesionais da alimentación, quen deben cumprir cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presentar unha solicitude a través da sede electrónica do Concello de Verín. (https://verin.sedeelectronica.gal) ata o día 14 de novembro de 2025.

O Concello de Verín busca, mediante este evento, “apoiar aos pequenos produtores e fomentar o consumo de produtos locais, á vez que ofrece aos asistentes unha experiencia única para gozar do ambiente de Nadal en familia”, tal e como destaca esta entidade local.

Back to top button