
O día 22 de novembro terá lugar un xantar homenaxe a Alfredo García “con motivo da súa xubilación e tras 26 anos de servizo público como alcalde do Barco”, segundo os promotores, que tamén explican que se trata “dunha celebración aberta a todos e todas as persoas que desexen acudir en sinal de celebración e agradecemento”, explican os promotores da iniciativa.
O xantar está previsto para o citado día 22 ás 13:30 horas no restaurante do Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras).
Aquelas persoas que desexen acudir poden informarse no Concello do Barco ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: psoeobarco@gmail.com