EconomíaEconomíaÚltima hora

O valdeorrés Albino Prada falará na Coruña sobre o seu novo ensaio, “Galiza, un país desnortado e minguante”

Será o xoves 6 de novembro ás 19:30h. na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Cedida.

 

Este vindeiro xoves 6 de novembro, ás 19.30 h, o valdeorrés Albino Prada, doutor e profesor de Economía, participará no ciclo “Pensando o Futuro” na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.

Na súa intervención falará sobre “Galiza, un país desnortado e minguante”. Este é o título do seu novo libro, publicado pola Universidade de Vigo, no que aborda como a comunidade autónoma galega entre 2000 e 2022 “tería que ter medrado en medio millón de habitantes de seguir a tendencia media do Estado español, ademais a nosa poboación moza diminúe de xeito alarmante. Velaí dous síntomas de que vivimos nun país minguante mais en recursos naturais e en capacidade laboral demostramos que temos potencial para reverter esa situación”.

No seu ensaio, Albino Prada revisa “moitos deses obstáculos (de infraestruturas, institucionais, financeiros, tecnolóxicos, ambientais de capital e benestar sociai…) e propóñense alternativas para definir unha folla de ruta cun norte preciso: favorecer un maior desenvolvemento soical e deixar de ser un país minguante2.

As persos interesadas en asistir poden inscribirse en https://acalexandreboveda.gal/event/galiza-un-pais-desnortado-e-minguante/

Back to top button