
Fronte Xurés é o nome da “única peña deportivista na cidade de Ourense” que vén de constituírse, de xeito oficial e legal, con sede na Cafetería Fiadeiro (Travesía Portocarreiro Nº 1) e a aspiración de converterse “no punto de encontro de todos os deportivistas da cidade das Burgas e das vilas veciñas”.
Tal como explican dende a directiva, están inmersos en plena campaña de socios animando “a que todas aquelas persoas que sexan seareiros do Dépor se fagan socios da Fronte Xurés”. Poden unirse á peña contactando a través das redes sociais (@pdfrontexures no Instagram), do correo electrónico (pdfrontexures@gmail.com) ou achegándose á Cafetarería Fiadeiro os días que xogue o Dépor.

A curto prazo, a peña Fronte Xurés ten xa varios actos programados. O primeiro é o Magosto Deportivista previsto para o sábado 16 de novembro ás 18:30 horas na sede. “Este evento coincide co Córdoba-Dépor e repartiranse castañas de balde durante o visionado do encontro”, avanzan dende a direciva.
O segundo acto programado é a festa-cea de inauguración o sábado 29 de novembro na Cafetería Fiadeiro. “Primeiramente haberá unha quedada(18:30 horas) para ver o Albacete-Dépor na que haberá sorteos, venda de material da peña e, posteriormente (21:30 horas), terá lugar unha cea de irmandade entre todas as persoas que están a entrar na peña. O prezo da cea é de 25€ e hai que anotarse antes do día”, explica o presidente da peña, Marcos Loureiro.