Nos tres hospitais públicos e nos centros de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras traballan na actualidade 522 celadores e celadoras, profesionais que realizan un gran amplitude de funcións, que abranguen todos os procesos asistenciais, moitas veces descoñecidas e as que o Día Mundial do Celador quere dar visibilidade.

Unha destas áreas de descoñecemento constitúe unha realidade xa consolidade: a maioría dos celadores son mulleres. En Ourense tras anos de progresión da presenza feminina, hoxe son xa o 60%. Por centros, 425 exercen no Hospital Universitario de Ourense, distribuidos en todas as áreas e espazos: nos edificios Cristal, Nai, Materno, de Hospitalización, Cirúrxico, Piñor e o Centro de Especialidades. 53 traballan no Hospital Público de Valdeorras; 32 no Hospital Público de Verín e 22 en Atención Primaria, a maioría nos Puntos de Atención Continuada.

No día a día, os celadores e celadoras son indispensables na mobilización e traslado de pacientes, a súa labor máis coñecida. Non sí, a súa colaboración esténdese a atención directa aos usuarios e familiares nos servizos de información ou acompañamento; nos quirófanos, onde participan na preparación de pacientes, transporte a sala de intervención ou xestión de material específico; nas plantas de hospitalización, axudando a mobilización, no aseo ou no confort do doente. Indispensables tamén nos servizos centrais, mediante o transporte de probas e mostras.

A parte loxística e administrativa do seu traballo inclúe desde a xestión e formación do persoal deste colectivo; a xestión de residuos de almacéns e a coordinación entre servizos, ademais da súa participación en protocolos de seguridade e da colaboración en medidas de prevención de riscos laborais ou de incendios.

Historicamente, a figura do celador/a evolucionou dende un traballo principalmente manual e de transporte a unha crecente responsabilidade de xestión de persoal e materiais. Así nas últimas décadas, produciuse unha profesionalización clara, unha evolución que reflicte unha transformación global do sistema sanitario e, en concreto, das tarefas que se lle encomendan ao colectivo de celadores.
