BaloncestoDeportesÚltima hora

A alevín do MV Barco María Tato, coa selección ourensá de baloncesto na Xuntanza Minibásquet en Ferrol

 

O sábado 1 de novembro celebrábase en Ferrol (A Coruña) a Xuntanza Minibásquet de Seleccións na que participaba a alevín María Tato Alonso, do MV Barco, convocada pola selección ourensá feminina que dirixe Irene Puig.

Non é a primeira vez que María asiste coa selección, de feito tamén foi sendo benxamín estando ese mesmo ano preseleccionada na selección galega, valorando moi positivamente cada experiencia.

 

María Tato Alonso.

 

“Ao principio pásanse moitos nervios pero ao final vas facendo amigas e compartes momentos con elas. É moi divertido”, di María, que o sábado tivo que madrugar para ir a Ferrol onde estaban os seleccionadores e as compañeiras da selección. “O primeiro partido foi ás 12:30 horas contra Vigo e estabamos todas moi nerviosas porque eran enormes e moi boas, xa se vía”, conta. Pola tarde, tralo xantar todas xuntas, disputaban o segundo partido contra Ferrol, algo máis competido porque “eran máis parecidas a nós e disfrutámolo moito máis”, asegura María.

Fotos: MV Barco.

Back to top button