
Esta tarde tiña lugar o acto de entrega dos premios da XXXVII Cata dos Viños de Galicia, nun acto que contaba coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entre outras autoridades. Nesta edición resultaban distinguidos ata 7 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, tal e como facía público o seu Consello Reglador.
Mellores Brancos de Valdeorras:
Acio de Ouro: Ruchel Godello
Acio de Prata: A Coroa Godello
Acio de Bronce: Joaquín Rebolledo Godello
Mellores Tintos de Valdeorras:
Ouro: Bebedeira (Adega D’berna)
Prata: Joaquín Rebolledo Mencía
Bronce: Costeira Mencía (Viña Costeira)

Ademais o Joaquín Rebolledo Barrica 2023 facíase co Acio de Ouro no premio ao Mellor Tinto de Galicia Elaborado con Madeira nesta mesma cata.
En canto sexa posible, ampliarase información.
