
Na tarde deste 5 de novembro vén de inaugurarse a mostra Camiño, para ser eu de Rita Ibarretxe, que Roberto Verino acollerá no seu espazo expositivo na Rúa do Paseo, 21 na cidade de Ourense ata o 8 de xaneiro.
A fotógrafa galega di desta exposición: “Camiño, para ser eu. Unha sensación de carencia, de illamento en espazos artificiais, de falta de liberdade e de baleira conexión permanente, aparece aos poucos na nosa mente de eternos nómades camiñantes; inquietos por esta zona de confort excesiva, anhelamos “volver a sentir”, conectarnos coa terra, perdernos ao lonxe nun ceo, nun bosque ou nunha montaña”.
Para ela, o “espazo interior revélase fronte ao exterior, avanzando coa mente pola nosa vida e a nosa memoria, enlazando, como a propia natureza salvaxe, as nosas vivencias pasadas coas esperanzas futuras, reactivando así o noso impulso vital. Na sociedade do rendible e do tecnolóxico, o espazo que habitamos transformouse en algo uniforme, impersoal e sen vida. Necesitamos volver a experimentar o vivo, o real, o que podemos percibir a través do noso cor-po cada vez máis sedentario, para darnos conta da importancia que ten o desexo de descubrir “a nosa paisaxe”, conquistala e darlle significado a tra-vés do que nos din os sentidos”.

Bio Rita Ibarretxe
O seu traballo baséase en imáxenes simbólicas que tentan traspasar o límite da sua representación para ser unha metáfora de diferentes estados emocionais; intentando empatizar co espectador espertando en él sentimentos comúns e universais ao ser human, que lle remitan á sua propia historia, creando vacíos por onde poda fluir a sua imaxinación, nunha categoría de fotografía que hoxe denominase «fotografía poética» ou «poesía do cotián», con imaxes que mais que decir, suxiren, e onde os motivos non se buscan, senon que se recoñecen aparecendo como sorpresas ou azares.