OurenseÚltima hora

A orquestra Olympus, entre os ingredientes musicais do magosto o día do San Martiño, en Ourense

A orquestra Olympus./ Foto: A.R.

 

O Concello de Ourense amplía a programación de actividades do Magosto 2025 cunha sesión DJ, que amenizará o ambiente na rúa a noite do luns, 10 de novembro, véspera da celebración. Será na praza de Santa Eufemia, desde as 22 horas e ata as 3 da madrugada.

As actividades continuarán o martes, 11, coa praza Maior, Bispo Cesáreo e a rúa do Progreso (Alameda) como centros da festa. O magosto tradicional arrincará ás 18 horas simultaneamente na praza Maior e na rúa do Progreso (Alameda). As persoas asistentes poderán degustar castañas asadas de forma gratuíta. Ademais, haberá unha zona de venda de chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño (3 euros), xunto con outras propostas como callos e porco ao espeto.

 

Magosto en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

De 18 a 19:30 horas haberá música tradicional na praza Maior, cun concerto de Brañas Folk que estará acompañado de Verónica Codesal, Pancho Álvarez, María Jorge e polo grupo de gaiteiros “De pé feito”, coordinados por Gonzalo Abelairas.

E xa de 19 a 22 horas haberá baile e festa na rúa do Progreso (Alameda). A verbena correrá a cargo da orquestra Olympus, que garantirá o baile e a diversión co seu espectáculo, poñendo o broche de ouro á noite do San Martiño 2025.

Back to top button