ConcellosÚltima horaVilamartín

Ferido un motorista nun accidente de tráfico no municipio Vilamartín de Valdeorras

 

Na tarde deste martes 11 de novembro producíase un accidente de tráfico na OU-603 ao seu paso pola localidade de San Miguel de Outeiro, en Vilamartín de Valdeorras, no que se vían implicados un coche e unha moto, resultado ferido o motorista, segundo indican dende o 112 Galicia.

O suceso producíase pasadas as seis e media no cruce que vai cara a zona do Bañadoiro, na Ponte de Valencia do Sil (por debaixo da N-120) ata onde se  desprazaban membros da Garda Civil de Tráfico, do GES Valdeorras e unha ambulancia do 061.

 

Back to top button