
Tralo parón estival e despois do éxito en cada convocatoria, o vindeiro venres 21 de novembro volven as Jam Session de AMAVA, a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras que neste 2025 celebra o 15 aniversario.
No encontro sobre o escenario, que de novo acollerá o Rock Bar Esconditte Inglés da Rúa a partir das 23:30 horas, haberá, ademais de moita músicas “bo ambiente e diversión”.

Clases de batería con Fabio VZ Drummer
E xa de cara ao final de mes, o sábado 29 de novembro terán clases de batería a cargo de Fabio VZ Drummer. Será no local de ensaio da asociación, en Calabagueiros, a partir das 10 horas, sendo necesaria a reserva con antelación xa que as prazas son limitadas.
