OurenseÚltima hora

Misa polos compoñente da Xeración NÓS e coralistas, familiares e amigos da Coral De Ruada, o 14 de novembro en Ourense

Coral De Ruada./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Coral De Ruada organiza unha misa coa que queren lembrar aos membros da Xeración NÓS que constituíron o xerme das moitas iniciativas sociais, culturais (entre elas a Coral De Ruada) e políticas que floreceron en  Galicia -nomeadamente en Ourense- nos primeiros lustros do pasado século e que fundaron e editaron a revista NÓS, cando estamos a conmemorar o 105º aniversario da edición en Ourense do seu primeiro número (30 de outubro de 1920) e o 107º aniversario da coral ourensá (5 de outubro de 1918).

Trátase dunhas das poucas -senón a única- actividades que se celebra en Ourense para homenaxear a tan ilustres antepasados, ourensáns na súa meirande parte, e moitoso deles relacionados coa Coral: Xavier Prado Lameiro foi un dos seus fundadores e autor das obras teatrais que representou e segue a representar De Ruada, Vicente Risco formou parte da súa primeira Xunta de Goberno, Xaquín Lorenzo “Xocas” foi vicepresidente primeiro da Coral, Ramón Otero Pedrayo, Arturo Noguerol Buján…

A misa, á que están convidados tódolos ourensán que queiran acompañarnos, terá lugar o próximo venres, día 14 de novembro, na Igrexa dos PP. Franciscanos (parque de San Lázaro), ás 19,00 horas e, durante a mesma, tamén serán lembrados os ex-coralistas, familiares, colaboradores e amigos que nos deixaron durante os últimos meses.

Back to top button