ConcellosRubiáÚltima hora

O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrarase os días 29 e 30 de novembro na praza do Concello

Un dos postos dunha edición anterior do Mercadiño de Rubiá./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Todo listo para unha nova edición do exitoso Mercadiño de Nadal de Rubiá. Desta volta celebrarase na fin de semana do 29 e 30 de novembro, novamente, nunha carpa climatizada que se instalará na praza do Concello.

O programa deste evento comezará o sábado 19 de novembro ás 16h. co acto inaugural e o público poderá vistar os diferentes postos ata as 20h. Ademais os asistentes poderán desfrutar dun magosto ás 19h.

Xa o domingo, o mercadiño funcionará entre as 12h e as 14h. durante a mañá e de 16h. a 20h. pola tarde. Esa tarde haberá unha chocolatada para o público visitante ás 20h. E entre os clientes dos postos a organización, mans do Concello de Rubiá, sorteará diversos produtos.

 

Back to top button