Unha nova concentración volvía a expresar no Barco o apoio ao pobo palestino na tarde deste xoves 13 de novembro. Tiña lugar na praza do Concello ás 20h. e estaba convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, baixo o lema “Paz, xustiza e soberanía. Polo fin do xenocidio e da ocupación”.
Durante o acto líase un manifesto e finalmente berrábanse consignas como “Non ao xenocidio do pobo palestino”.
Fotos: O SIL.