
Con motivo do de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do Centro de Información á Muller (CIM) ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas ás veciñas e veciños de Viana.
Os actos e actividades programados para conmemorar esta sinalada data sons os seguintes:
19 -20- 24 – 25 e 26 de novembro: Obradoiros de prevención da violencia contra as mulleres nas aldeas que participan no programa “Poñémonos Moradas”.
21 e 22 de novembro: Festival Festas Mutantes, organizado por Outonía S. Coop. Galega.
25 de novembro: Concentración e Lectura dun Manifesto Institucional polo 25N.
28 de novembro: Xornada “Viana di non ás violencias machistas” coa rapazada das Escolas Deportivas e Musicais Municipais.
4 de decembro: Obradoiros de Autodefensa dixital e Educación sexual co alumnado do IES Carlos Casares.
“Un ano máis, o obxectivo desta programación é sensibilizar a sociedade vianesa sobre unha lacra que cada ano provoca gran dor e sufrimento a moitas mulleres e as súas familias”, tal e como se indica dende o Concello.
