DeportesÚltima hora

Completas as inscricións para a Motoxeada 2025 que se celebrará do 12 ao 14 de decembro en Fonte da Cova

Motoxeada 2024./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Hai unha semana, un mes antes da cita, a X concentración mototurista invernal que se celebrará en decembro en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras), completaba o aforo de inscrición.

Motoxeada 2025 celebrarase coma sempre na fin de semana do 12 ao 14 de decembro, mantendo a esencia desta década, cun completo programa de actividades para os asistentes. Dende merendas, ceas e festas moteiras ata espectaculares rutas turísticas ou o tradicional porco.

A concentración está organizada polo colectivo moteiro Balas Rasas e a Asociación Motoxeada, en colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras. Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo e en www.facebook.com/motoxeada/.

 

 

Back to top button