OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas recollen uns 200 kg de lixo en Montealegre

 

Despois de ter que aprazala polas inclemencias do tempo, na tarde do mércores 19 de novembro tiña luar a xa tradicional a limpeza dos restos do magosto na zona de Montealegre, en Ourense.

 

 

O grupo de voluntariado ambiental Ecovixiantes de Franciscanas subía un ano máis a limpar este desastre, axudados por Antonio Ferreirós da SGHN, Luis Amigo co seu can Baloo da Aula da Natureza, Carmen e os entusiastas Julio e Xabi.

 

 

En total recollían uns douscentos quilos de lixo, entre vidro e plástico. A actividade forma parte do Proxecto Libera de SeoBirdLife e Ecoembes 1 m2 polos Bosques e Montes, Basuraleza.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button