CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles súmase ao SilFest Valdeorras na súa X edición

La Paloma, Puño Dragón, L.A. e Bum Motion Club tamén se unen aos anteriormente confirmados Morgan, Hinds, Begut e DJ90,

Sr. Jingles.

 

O SilFest Valdeorras segue anticipando a celebración do seu décimo aniversario cunha quenda de novas confirmacións tan potentes que marcan un antes e un despois no cartel de 2026. La Paloma, Puño Dragón, L.A., Bum Motion Club e Sr. Jingles únense aos anteriormente confirmados Morgan, Hinds, Begut e DJ90, reforzando unha edición especialmente ambiciosa e diversa. No MiniSilFest, o anuncio de Henriko completa unha actualización que consolida esta programación como unha das máis atractivas do festival ata a data.

O festival á beira o Sil, no Barco de Valdeorras alcanza en 2026 a súa X edición, consolidado como “unha alternativa única dentro do panorama dos grandes festivais”. Dez anos despois do seu nacemento, o SilFest  continúa fiel á súa esencia “ofrecer unha experiencia auténtica, próxima e profundamente ligada ao territorio, a beiras do río Sil, na inmellorable contorna do Concello do Barco de Valdeorras”. Na súa décima edición, que se celebrará a comezos de xullo o festival afiánzase como “unha cita imprescindible para asistentes de todos os recunchos de España”.

Back to top button