EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

A Subdelegación do Goberno en Ourense habilita unha oficina de atención personalizada ás empresas da minería na provincia

O subdelegado destaca que con este novo servizo que ata o de agora se prestaba en Pontevedra “o Goberno reafirma o seu compromiso co tecido empresarial ourensán”

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, informaba esta mañá de que a Subdelegación do Goberno en Ourense habilita por primeira vez unha oficina personalizada de atención ás empresas dos sectores mineiro e de pirotecnia da provincia, un servizo que ata agora se prestaba na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, comunicou o inicio desta atención personalizada a empresas dos sectores mineiro, de canteiras, de explosivos e de pirotecnia da provincia nunha reunión mantida na Subdelegación do Goberno. Ao encontro asistiron representantes das seguintes entidades: Asociación Provincial de Graniteiros (APG Ourense), Pirotecnia Josman, Pirotecnia Xaraiva, Clúster da Pizarra de Galicia, Esmin Ingeniería e Canteras Río Miño.

Eladio Santos presentoulles á nova responsable da Dependencia de Industria e Enerxía, Lara Fernández, que reforzará o diálogo co sector para seguir mellorando o servizo da autorizacións de explosivos na provincia de Ourense con axilidade e eficacia. Participaron tamén o secretario xeral da Subdelegación do Goberno en Ourense, Manuel Arias, e o xefe da unidade de Autorizacións da Subdelegación, Brais Pérez.

O subdelegado destacou que “o Goberno reafirma o seu compromiso co tecido empresarial ourensán” ao facilitar persoal na cidade de Ourense para escoitar as súas demandas e asegurou que esta nova atención exclusiva “axilizará moito os expedientes e autorizacións” relativos a explosivos. A nova responsable do servizo anunciou tamén que a partir deste momento planificarase un calendario específico para os exames de artilleiros.

Back to top button