Numerosas persoas percorrían esta tarde, a partir das 16h., a praza do Concello de Rubiá, onde se instalaba o seu xa tradicional Mercadiño de Nadal, cunha vintena de postos. Dende deliciosos produtos gastronómicos como queixos, mel, bicas ou licores, pasando por elementos de decoración (especialmente navideña), artesanía de diverso tipo, ata libros.
Este mercadiño, promovido polo Concello de Rubiá, pechaba as súas portas ao público arredor das oito da tarde e, unha hora antes, os visitantes podían desfrutar dun magosto.

Xa o domingo, o mercadiño funcionará entre as 12h e as 14h. durante a mañá e de 16h. a 20h. pola tarde. Esa tarde haberá chocolatada ás 19h-. E entre os clientes dos postos a organización, mans do Concello de Rubiá, sorteará diversos produtos.
Fotos: Carlos G. Hervella.
