
Novo accidente de tráfico desta volta en Vilamartín de Valdeorras. Na tarde deste domingo 30 de novembro dous vehículos chocaban no cruce na estrada do Bañadoiro, “onde non hai sinalización”, puntualizan dende os servizos de emerxencia asegurando que varios veciños se queixaron de que “a zona é moi perigosa”.

O accidente tiña lugar contra as 16:30 horas, tal como indican dende o 112 Galicia que recibía o aviso por parte dos sanitarios. “A eles chamábaos un dos condutores indicando que estaba ferido e o seu coche obstaculizaba un pouco a via aínda que os coches podían pasar”, explican, engadindo que segundo indicaban posteriormente dende o GES Valdeorras “ambos condutores eran trasladados ao hospital do Barco”.

Ademais de Urxencias Sanitarias-061 e o GES tamén acudía ata o lugar a Garda Civil de Tráfico.