En portadaÚltima hora

O Restaurante La Viuda de Trives galardoado nos I Premios da Cociña Galega

Facíase do galardón ao Mellor Cabrito e cun dos tres recoñecementos especiais que se entregaban á casas de comidas

 

Neste 2025 nacían os I Premios da Cociña Galega, que se entregaban o 1 de decembro nunha gala na que se desvelaban os nomes dos ganadores das diferentes categorías. Entre eles estaba o Restaurante La Viuda de Trives, que estaba nominado en tres apartados (nas categorías de Cabrito, Caldo galego e Postres caseiros) e que se facía co galardón en “Mellor Cabrito”.

Así mesmo, no marco destes premios, homenaxeábase á esencia da gastronomía de Galicia con tres recoñecementos especiais cos que se buscaba poñer en valor a tradición, a memoria culinaria e a identidade dos establecementos e receitas máis singulares. Nese senso, resaltábase o papel das casas de comidas que conservan a autenticidade dos sabores de sempre, dos locais que se converteron en referentes históricos para xeracións de comensais e das preparacións tradicionais que asinan parte do patrimonio gastronómico do país.

Unha desas distincións era para especiais recaía tamén en La Viuda da Pobra Trives. Neste caso o xurado recoñecía o traballo que este establecemento hostaleiro vén realizando o desde fai máis de sete décadas en Trives, Ourense. Primeiro da man da súa fundadora Asunción, despois co seu fillo Ángel e agora, coa terceira xeración, o seu neto Anxo, que xunto co súa irmá María continúan co legado familiar e a esa maneira de entender a cociña que converte a La Viuda nunha auténtica referencia das casas de comidas galegas.

 

 

Con este acto recoñecíase  o valor da cociña tradicional galega que, como indicaba o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, “está a posicionarse cada vez máis como un recurso turístico cada vez máis atractivo que outorga autenticidade e tradición ao destino galego”.

Durante o acto, agradeceu aos Amigos da Cociña Galega a iniciativa de poñer en marcha estes recoñecementos que premian aos profesionais que apostan pola tradición, que cociñan con produto e recuperan a tradición culinaria galega. Neste sentido, Xosé Merelles, subliñou que este obxectivo alinéase co da Xunta de Galicia que está a traballar por reforzar a súa aposta pola gastronomía como recurso turístico con iniciativas como  o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística (PSTD) Enogastronomía de Galicia que conta cun investimento de máis de 34M€ con fondos europeos Next Generation e cuxa execución culmina en 2026.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a última que é cedida.

 

Back to top button