ConcellosO BarcoÚltima hora

Disvalia celebra o Día das Persoas con Discapacidade cun posto na praza do Concello do Barco

 

Un ano máis a Asociación Disvalia (Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas) sae á rúa no Barco con motivo do Día Internacional da Discapacidade que se conmemora cada 3 de decembro.

Así o facían na mañá de mércores, instalando na praza do Concello do Barco, un posto con información sobre a asociación no que están varias socias do colectivo vendendo flores e outro tipo de produtos de cara ao Nadal, así como lotaría.

Foto cedida.

Back to top button