ConcellosEn portadaGalerías de fotosPetínÚltima horaVídeos

Unhas 500 persoas desfrutan en Petín dunha animada Festa da Freba

 

A Festa da Freba de Petín, unha cita de referencia no calendario festivo gastronómico da tempada de inverno na comarca de Valdeorras, volvía triunfar nesta XXIV edición reunindo neste sábado 6 de decembro a unhas 500 persoas no pavillón do Teleclub, cun cambio na ubicación da discomóbil, á entrada en lugar do fondo onde adoitaba estar.

 

 

Entre os asistentes, coma sempre moita mocidade e grupos de amigos que asistían minutos antes do xantar á homenaxe que o Concello lle rendía aos voluntarios que axudaron na extinción do incendio de agosto.

 

 

E de seguido comezaba o xantar, un ano máis preparado e servido por Mantesil, que incluía un completo menú a base de cosomé con picatostes, chourizo cocido con cachelos e verdura, freba á grella, ucheira, viño, café e licores.

Fotos e vídeos: O SIL.

Máis información:

O Concello de Petín homenaxea aos voluntarios que axudaron durante o incendio do verán

Back to top button