ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima hora

O Castelo (Rubiá) estrea o seu Nadal con “alma rural e enxebre”

 

No Castelo (Rubiá) xa se sente o Nadal. Con multitude de elementos e coidando cada detalle, a veciñanza uníase este ano para engalanar a aldea con motivo desta destas datas festivas. A idea inicial era preparar unha árbore, pero foi medrando e involucrando con ilusión ao conxunto da veciñanza que crear un “Nadal con alma rural e enxebre” que se inauguraba na tarde deste 7 de decembro.

Dende iluminación, pasando por un calendario de Advento feito con vasos, figuriñas de diferente tipo, renos, candeas, agasallos, doces, nacementos e Papa Noeles ben abrigadiños ata unha árbore de Nadal feita a gancho e arbores adornadas con caras pintadas e bufandas. Cada recuncho ten a súa propia decoración e toda orixinal e diferente.

 

 

En conxunto son ata doce puntos de decoración, que están sinalizados nun mapa incluído nun díptico publicado para a ocasión. “Toda a decoración nace da creatividade da veciñanza que ten traballado moito para engalanar as rúas e os recunchos da nosa querida aldea”, din dende a organización. Ademais resaltan que o realmente se pretende con esta iniciativa é “que desfrutedes todas as persoas que formamos esta comunidade e tamén aquelas que veñan a visitarnos, pero, sobre todo, desexamos que os nenos e nenas do Castelo vivan a maxia do Nadal”.

 

 

E así o facacían xa neste 7 de decembro as numerosas persoas, tanto veciños como xente doutras localidades, achegábanse para descubrir esta singular proposta e, tras percorrer O Castelo, eran agasallados cunha chocolada no bar onde a árbore de Nadal, feita a ganchillo servía como photocall nesta ocasión.

A veciñanza convida a visitar esta decoración, na que se contou co apoio do Concello, e agradece “a todas as persoas que teñen colaborado con nós e que tamén fixeron posible este proxecto”.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

 

 

 

 

Back to top button