CulturaCulturaÚltima hora

Fermoso e laborioso nacemento feito a man a gancho, nun escaparate na Rúa

 

A imaxinación e talento do ser humano non ten límites, aumentando en datas coma o Nadal onde proliferan as orixinais mostras adicadas ao nacemento de Xesús.

 

 

Unha mostra témola nun fermoso, orixinal e laborioso belén que está estes días exposto no escaparate do comercial agrícola Álvaro Blanco (rúa Campogrande), na Rúa. Trátase dun nacemento feito a man a gancho con todo luxo de detalles, escenas e figuras. “Non foi doado atopar un escaparate para montalo”, di a súa creadora, Rosa Mari Dacosta, veciña da Rúa e afeccionada a esta técnica que fai cada peza con mimo e cariño, algo que se nota en cada peza, en cada puntada. Dende unha calcetadora con lentes incluídos, ás pitas cos ovos recén postos, a panadeira facendo o pan, os músicos, o mercado coas hortalizas,… todo perfecta e exquisitamente fiado.

 

 

Rosa expoñía o seu belén por primeira vez hai tres anos. Ao seguinte por motivos persoais non o poñía e este verán animábase a facer máis pezas e “coa axuda do meu amigo Rodicio volvín poñelo”, conta, contribuíndo así a vestir de Nadal a vila.

 

Cedida.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button