ConcellosO BarcoÚltima hora

A Asociación Mulleres Rurais de Veigamuíños viste de Nadal as rúas desta localidade barquense

 

Empregando maioritariamente materiais reciclados, luces e botando man de moita creatividade a Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños, adornaba un ano máis as rúas desta localidade barquense para o Nadal.

 

 

Comezaban con esta iniciativa no ano 2022 coa idea de preparar a vila de cara ás datas festivas cunha árbore, pero pouco a pouco foron ampliando e decorando diferentes zonas, engadindo cada ano novos adornos.

 

 

Renos de madeira, árbores con nomes de veciños, bonecos de neve, o tradicional Apalpador e mesmo unha orixinal e sorprendente pista de esquí con telecadeira e esquiadores incluídos. Son algunhas das figuras coas que ampliaban a decoración o ano pasado, sumándose neste 2025 outros personaxes como un pescador e máis esquiadores na pista, entre outros.

Máis que nunca Veigamuíños reloce xa para o Nadal.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button