ConcellosO BarcoÚltima hora

Comeza a instalación de cámaras de control e vixilancia de tráfico en varios puntos do Barco

Distribución das cámaras no Barco./ Cedida.

 

Dende o Concello do Barco vén de informarse de que neste xoves 11 de novembro comezou a instalación de cámaras e control e vixilancia de tráfico en varios puntos do centro da vila. A empresa adxudicataria da adquisición e instalación das cámaras foi Galicom, que presentou a oferta máis vantaxosa de todas as solicitadas, por un importe de 18.000 euros.

Instalaranse en total 15 cámaras, situadas en puntos estratéxicos dos cruces existentes na travesía da N-536 do Barco entre a rotonda de Calabagueiros e Viloira, así como a rúa Estaciónn e o Paseo do Malecón entre a zona de Correos e o Campo da Festa.

“As cámaras serán perfectamente visibles polos cidadáns, estarán situadas en báculos e outros soportes de altura, e conectaranse a un  sistema de pantallas 24 horas que se situarán na nova sede da Policía Local do Barco, que está previsto poida abrirse neste mes de decembro tras estar finalizadas as obras de adaptación do edificio e unha vez se termine a instalación dos sistemas telemáticos”, segundo o Concello.

Back to top button