DeportesÚltima hora

Os atletas das Escolas Deportivas de Trives estrean a tempada con podios no provincial de cross escolar

 

No campionato provincial de cross escolar, que se celebraba a pasada fin de semana no circuíto A Veronza do Complexo Deportivo O Xestal de Ribadavia, estreaban a nova tempada os atletas das Escolas Deportivas de Trives. Á cita, que tiña lugar o 13 de decembro, acudían: a cadete femenino Deva, as infantís Alejandra, Inés e Ana, os alevíns Adrián e Gérard e o benxamín Rodrigo.

Tres eran os podios que sumaban os corredores triveses: Rodrigo quedaba segundo por equipos Benxamín e Alejandra e Inés eran terceiras por equipos Infantil.

“Empezamos a nova tempada como terminamos, con compromiso, entrega , moita ilusión e tamen  podio”, sinala o adestrador dos atletas, Tino Sierra, quen ademais destacaba o labor de cada un destes deportistas.

Fotos cedidas polas Escolas Deportivas de Trives.

 

Back to top button