Esta tarde tocaba clase do grupo de gaitas das Escolas Musicais Municipais de Viana do Bolo, que está preparando unha actuación de cara ao vindeiro Nadal. Guiados por Suso, que imparte percusión tradicional (pandeireta, tamboril e bombo), acordeón e gaita, algúns dos alumnos deste grupo preparaban o repertorio que prevén interpretar durante a cabalgata de Reis do 5 de xaneiro, na que tamén se contará co grupo de acordeóns.
Fotos: Carlos G. Hervella.