CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado do colexio Divina Pastora do Barco recibe a visita de Papá Noel

 

Continúan as actividades prenavideñas no colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras. Trala eucaristía de Nadal para a comunidade educativa e o Festival de Panxoliñas por ciclos (só quedan por actuar os de 4º, 5º e 6º que o farán esta tarde), tocaban as visitas especiais.

A primeira, a de Papá Noel, tiña lugar na mañá deste xoves 18 de decembro. Dende as 10 horas, o entrañable personaxe atendía aos pequenos do colexio, recollendo as súas cartas e entregándolles a cambio, caramelos.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button