A igrexa de Santa Rita no Barco vivía nesta tarde 18 de decembro unha celebración moi especial. Tras a misa das seis e media neste templo, engalanado para a ocasión, dábase paso á “Festa da Benvida do Nadal”, que incluía o pregón que anuncia esta celebración e que, desta volta, corría a cargo de tres alumnos do Colexio Divina Pastora do Barco.
Despois, os tres escolares recibían un agasallo da parroquia de mans de Jesús Álvarez, unha imaxe que bendicía diante deles.

Despois dábase paso á música cun fermoso e animado festival de panxoliñas, de diversos estilos e ritmos que viña da man de ata cinco agrupacións diferentes: o alumnado e membros da ANPA do Colexio Divina Pastora, o Coro da Parroquia de Rubiá, o Coro de Santa Rita do Barco, o Coro de San Mauro do Barco e unha agrupación coral de Puente de Domingo Florez, Quereño e Salas de la Ribera.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.
Festival de panxoliñas para dar a benvida ao Nadal na igrexa de Santa Rita do Barco