EconomíaEconomíaÚltima hora

Papá Noel e o Grinch, no local de eXclusivo, no Barco de Valdeorras

 

Supostamente son personaxes contrarios, un a favor e outro en contra do Nadal, pero na tarde deste venres 19 de decembro podían verse xuntos diante do local de eXclusivo, na rúa da Estación, no Barco de Valdeorras.

 

 

Un ano máis o local comercial sorprende aos clientes e viandantes coa presenza de Papá Noel que atende ás peticións dos cativos, acompañado nesta ocasión polo Grinch.

Papá Noel estará esta tarde e tamén mañá, de 17 a 20 horas, aproximadamente.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button