Un enorme mapa daba á benvida ás persoas que entraban na praza do Príncipe do Barco. Nel podían verse, entre outras, as zonas produtoras de café do mundo. Era a porta de entrada ao proxecto de Comercio Xusto da ONG Solidariedade Internacional de Galicia que nesta mañá montaba un “Mercado Xusto” na vila co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre as desigualdades que provoca o comercio internacional e promover alternativas de consumo máis xustas e sostibles.
Desde ás 11:00 ata as 14:30h. o público podía coñecer a orixe de produtos como café, cacao e azucre, así como degustar distintas variedades. A actividade ofrecía información sobre a produción, comercialización e os desafíos aos que se enfrontan os produtores e produtoras de países do Sur Global, promovendo un consumo consciente e responsable.

Dentro deste proxecto tamén se ofrecían outras dúas actividades no Barco: o 18 de decembro ás 11:00 horas no Teatro Municipal Lauro Olmo tiña lugar a representación da obra teatral “Vaia Tea!”, da compañía XucrutTeatre, e este sábado ás 12h. proxectábase o documental “Os pousos do café, unha historia de amizade e comercio xusto” en El Salvador, na Praza de Abastos.
Fotos: A.R.