CulturaCulturaEntroido 2026Última hora

O Concello de Viana presenta os carteis ganadores do concurso do “Entrudio” e “Entrudio infantil” do 2026

Son obra, por esta orde, de Diego Blanco Álvarez e de Anxo Diéguez Guerra e serán a imaxe do Entrudio vianés do vindeiro ano

 

O Concello de Viana do Bolo vén de facer públicos os resultados do concurso que convocaba para elixir os carteles do “Entudio” e “Entrudio Infantil 2026”. Neste segundo caso, o traballo ganador é “Entrudio Fundido” do mozo vianés Diego Blanco Álvarez. “Unha obra moi colorida que trata de “fundir” e integrar algúns dos elementos máis representativos do noso Entrudio, coma o boteiro, a fariña e o bombo”, sinala o Concello de Viana.

 

 

Por outra banda, no concurso do “Entrudio Infantil”, o ganador é “Desde Viana para o mundo” de Anxo Diéguez Guerra quen inspirou o seu debuxo nas obras e carteis de gañadores/as de outros anos. “É un gusto ver que temos grandes artistas entre a cativada vianesa”, sinala esta administración local, que tamén matiza que os traballados triunfadores “foron seleccionado entre obras de moito nivel e de gran calidade, polo que agradecemos o Xurado o seu traballo desinterasado na elección dos carteles para 2026. Noraboa aos gañadores e esperamos que gusten”.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.

 

 

Back to top button