DeportesÚltima hora

Comeza o Campamento de Nadal do Centro de Deportes Barco coas 50 prazas cubertas

 

Completo. Coas 50 prazas dispoñibles cubertas, comezaba na mañá deste luns 22 de decembro o Campamento Lúdico-Deportivo de Nadal do Centro de Deportes Barco.

 

 

Co pavillón municipal de Calabagueiros como base de operacións, con canón industrial de calor para que os pequenos estén más cómodos, a entrada para madrugadores é ás 9 horas e para o resto ás 9:55 horas e saída ás 13:55 horas, contando con monitores titulados en educación e técnicos deportivos que garanten “unha experiencia segura, educativa, divertida e deportiva”.

 

 

Con respecto ás actividades que desenvolverán ao largo do Winter Camp (22 de decembro/ 7 de xaneiro) hai manualidades navideñas; obradoiros e xogos dinámicos; actividades deportivas; castelos inchábeis xigantes e inchábeis deportivos; coches eléctricos; paintball; xogos para os máis pequenos; e saídas culturais “entre outras moitas propostas pensadas para desfrutar e aprender xogando”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button