DeportesÚltima hora

Xornada técnica do sector de marcha da FGA con presenza valdeorresa

 

Entre os atletas que na pasada fin de semana participaban na xornada técnica do Sector de Marcha da Federación Galega de Atletismo (FGA), baixo a dirección da súa responsable Mayka Jueguen e da colaboración de José Angel Rodríguez, estaban os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, ambos do Club Adas Cupa do Barco.

 

 

Esta xornada técnica desenvolvíase o sábado, 20 de decembro, nas instalacións universitarias da USC e no seu decurso tratábanse diversos aspectos relacionados ca modalidade.

Fotos: FGA.

 

Back to top button