Neste mediodía a localidade de San Xoán de Río recibía unha visita moi especial. A mediodía Papá Noel chegaba á praza do Concello, onde era recibido polo alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, e despois no salón de plenos do Concello, reuníase cos nenos e nenas do municipio que lle trasladaban as súas peticións directamente ou ben a través dunha carta.
Esta noite sen dúbida, agardarán unha nova visita nas súas casas na que Papá Noel lles deixará os seus agasallos.
Fotos cedidas.