
O Concello de Viana do Bolo vén de rematar unha serie de obras de reparación e bacheado de rúas e estradas de acceso a varias aldeas deste municipio, “co fin de facilitar o tránsito e evitar un maior deterioro das mesmas”.
En concreto, estas actuacións levábanse a cabo nos núcleos de Bembibre, Caldesiños-Telleiras, Seoane de Abaixo , Seoane de Arriba, Umoso-Seoane, San Agostiño, Bembibre-Fradelo e na rúa Terroso.
Fotos cedidas.
